🌊 Xa está aquí a nova Xornada Surfeira en Razo! 🏄♂️☀️
FAITE SOCIO/A
Gustaríache facer algo extraordinario hoxe?
O Fórum Carballo acolleu este sábado a III Xornada Formativa "A Inclusión Socioeducativa", organizada pola agrupación Un Paso Máis, en colaboración con Aspaber, na que se profundou na intervención no Trastorno do Espectro Autista (TEA), cun enfoque práctico e multidisciplinar.
Circuito de deporte adaptado e inclusivo de Un Paso Máis
INSCRICIÓNS PECHADAS! Ao alcanzar a capacidade máxima, pechamos as inscricións. Sentímolo, pero ao mesmo tempo alégranos o incrible éxito desta convocatoria.
Verán 2026
Xa está aquí o Espazo de Verán "MÁIS QUE DEPORTE" 2026! 🏀🎨
Fuente y noticia completa:
La agrupación Un Paso Máis ha puesto fin a un «importante atranco» que tenía hasta el momento, y que no era otro que la falta de un espacio fijo, un local, para reuniones y desarrollo de actividades. Así, la parroquia de Carballo le ha cedido uno y la entrega de llaves fue este sábado, con la directiva de...
10K CARBALLO 2026
Xa está aberta a inscrición para unha nova edición da 10K de Carballo! 📍 Un ano máis, a organización convídanos a participar nunha proba moi especial: a "Carreira 100 m. máis pola diversidade" 🌈.
A Agrupación Deportiva e Social Un Paso Máis volve demostrar o seu compromiso coa visibilización da diversidade e a inclusión real a través dunha intensa axenda de actividades para este mes de abril. A entidade, que traballa de xeito transversal na formación de familias e o deporte adaptado, presenta unha programación que combina a...
Espazos prácticos para aprender, compartir e medrar xuntos
Hoxe escribimos estas liñas con moita emoción e o corazón cheo de gratitude. O deporte é moito máis que competición; para nós é unha ferramenta de transformación social, de superación e, sobre todo, de unión. Onte viviuse unha xornada inesquecible nos Premios do Deporte da Deputación da Coruña, onde o noso proxecto foi recoñecido nunha das...
Este obradoiro, froito da colaboración entre Un Paso Máis e a ANPA Raiante do CEIP Plurilingüe A Gándara-Sofán, convida ás persoas adultas a mergullarse no fascinante mundo do xadrez. A formación está deseñada para aprender a xogar desde cero e descubrir como converter este deporte universal nunha potente ferramenta lúdica e educativa, tanto no...
Este pasado sábado, o ciclo de obradoiros familiares fixo unha nova parada no Casino de Carballo, logrando colgar o cartel de aforo completo. A cita estivo centrada no manexo das condutas disruptivas e contou coa inestimable guía de Silvina Lema, mestra de educación infantil e presidenta de Disciplina Positiva España. Durante a mañá, os asistentes...
Onte vivimos unha desas tardes que che enchen o peito de ledicia e che deixan un sorriso que dura días. ✨😊
Xadrez adaptado e inclusivo
A sede da entidade ASPABER acolleu este xoves unha xornada diferente marcada pola estratexia e a convivencia. A Agrupación Deportiva Un Paso Máis visitou as instalacións co seu taller de xadrez adaptado e inclusivo, unha iniciativa que busca romper barreiras a través do taboleiro.
Festa do Entroido 2026
Memoria de Actividades
Descarga 2025 -->
Seguindo co noso compromiso de "coidar ao coidador", queremos continuar poñendo en marcha iniciativas que melloren o voso benestar físico e emocional. Por iso, temos o pracer de anunciar unha nova actividade pensada exclusivamente para vós: o noso propio Grupo de Pilates para soci@s.
Reis Magos 2026
Nunha xornada cargada de emoción, o Pazo da Cultura converteuse no escenario dun encontro inesquecible onde a empatía e a ilusión foron as verdadeiras protagonistas.
A gala celebrada onte en Carballo non foi unha entrega de premios máis. Entre os aplausos e o recoñecemento institucional, a asociación Un Paso Máis sentiuse protagonista, non só polo galardón recibido, senón pola mensaxe de transformación social que proxecta en cada unha das súas accións. O que comezou como un soño colectivo é hoxe un...
As instalacións do CEIP Xesús San Luis Romero de Carballo transformáronse nun escenario de convivencia e descubrimento. A visita de varios integrantes da Agrupación Deportiva Un Paso Máis non foi unha actividade extraescolar calquera; foi unha lección de vida que permitiu a escolares e docentes poñerse na pel do outro, explorando o mundo a...
A Agrupación Deportiva Un Paso Máis celebrou onte, co gallo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, unha xornada de alto valor didáctico centrada no deporte adaptado. O CEIP Plurilingüe A Gándara Sofán de Carballo recibían a varios membros da directiva para facer unha xornada de sensibilización activa e aprendizaxe competencial con todo...
A Agrupación Deportiva Un Paso Máis viviu este o pasado xoves unha intensa e exitosa xornada de promoción, demostrando o poder universal do xadrez como ferramenta pedagóxica e socializadora en dous eventos crave na comarca. Desde a mañá, a entidade conectou a comunidade escolar baixo a premisa de que o «deporte ciencia» non coñece barreiras.































