Voltamos á praia!

19.09.2024

Sentimos comunicar, unha vez máis, que todas as prazas están esgotadas. Nesta ocasión foi en tempo récord: en apenas 3 horas tivemos que retirar o formulario de inscrición por superar o cupo previsto. Lamentamos se alguén quedou fóra, pero prometemos que pronto volveremos co SURF para os nosos pequenos! 

E a Deputación da Coruña invítanos de novo a unha xornada de SURF! 🏄🏻 🏄🏻‍♂

No marco do Cabreiróa Junior Pro Razo, terceira e última proba da Liga Mundial de Surf, fixéronnos un oco moi especial. 

Así que volvemos xogar nas ondas. 🌊

Ademais, haberá ludoteca e xogos na praia, con uns excelentes monitores de tempo libre 🥍🏐🛹

Será o próximo xoves 26 a partir das 16:30 h.  na praia de Razo (no parquin, xunto as instalación da ludoteca que teñen montada no evento)

Para participar só tes que cubrir o formulario! 📝

Rapidiño porfa 🙏🏻 que imos co tempo xusto. 


ACTIVIDAD FINALIZADA