Excursión ao ecoparque Atalaia
Hoxe, as familias de Un Paso Máis visitamos as instalacións do Ecoparque Atalaia.
61 entusiastas gozamos dun día moi especial.
Tivemos a oportunidade de practicar tiro con arco, participar nunha xincana de xogos na natureza, coñecer unha ecogranxa e montar a cabalo.
Todo isto, ademais dunha gran comida en familia e unha divertida merenda.
Por suposto, como complemento, gozamos das viaxes en autobús todos xuntos e en total diversión.
Agardamos que xornadas como esta, auspiciadas por "CaixaBank", se volvan periódicas na nosa asociación.
Agradecemos a todas as familias pola súa participación e especialmente aos nenos e nenas polo seu entusiasmo e alegría.