UDC e a agrupación Un Paso Máis acordan colaborar durante catro años

25.10.2024

Universidade da Coruña e a agrupación deportiva Un Paso Máis, con sede en Carballo e centrada en nenos con discapacidade e necesidades especiais, asinaron un convenio de colaboración para «fomentar o intercambio de experiencias nos campos da docencia, a investigación e a cultura en xeral, naquelas áreas nas que ambas as dúas institucións teñan interese manifesto».

Durará catro anos e, aínda que queda aínda moito por definir, dará continuidade a unha colaboración que xa se viña producindo. «Axúdannos moito, sobre todo, na difusión das iniciativas que organizamos», explica Valentín Costa desde a directiva, iniciativas como unhas xornadas de formación nas que o pasado mes de maio participaron familias, docentes e estudantes procedentes de máis dunha vintena de concellos galegos.

Axudaranse mutuamente en proxectos divulgativos, de investigación ou de tipo cultural e educativo


Un dos relatores foi o investigador de orixe baiés Ricardo García Mira, que integrará unha comisión mixta para o seguimento deste convenio xunto con Banesa Martínez, presidenta de Un Paso Máis.

A idea é que ambas as entidades colaboren en asuntos como o fomento da participación e proxectos e programas de investigación, a cooperación en iniciativas de formación, o asesoramento mutuo, o apoio a persoal investigador e alumnado ou a realización de prácticas por parte dos estudantes, entre outros.


FONTE: La Voz de Galicia