Revista das Festas da Milagrosa 2024

26.08.2024

Estamos moi ilusionados de formar parte da revista das festas do barrio da Milagrosa de Carballo.

Este espazo permítenos dar a coñecer mellor o traballo que realizamos coa nosa agrupación e, a maiores, visibilizar as necesidades das "familias TEA", especialmente en épocas festivas, onde a inclusión é fundamental.

A través desta colaboración, queremos destacar a importancia de avanzar cara a unha sociedade máis inclusiva e consciente das diversas realidades que existen. É un paso significativo para a normalización de tódalas familias, independentemente das súas características.

Agradecemos de corazón esta oportunidade e esperamos que esta visibilidade axude a sensibilizar e a crear un entorno máis acolledor e comprensivo para todos. Cada pequeno xesto conta e, xuntos, podemos facer grandes cambios.

Novamente, dando Un Paso Máis cara una sociedade máis xusta.