Surf en Razo II
Onte, os nenos e nenas de Un Paso Mais puideron gozar novamente dunha tarde de surf coa escola PÄUA na praia de Razo.
15 nenos e nenas estiveron asistidos por 6 monitores e outros tantos voluntarios e voluntarias, gozaron ao máximo dunha actividade que xa se está a converter nunha das súas favoritas.
Sen importar as idades nin as capacidades, todos estiveron aprendendo e divertíndose en total sintonía.
Unha vez máis, agradecemos á escola de surf PÄUA polo seu bo facer e a súa extraordinaria habilidade para entender e guiar aos nosos pequenos e pequenas.
Nunca está de máis lembrar as virtudes que o surf proporciona na infancia: interacción social, autorregulación, fala, equilibrio vestibular, control oral-motor, reflexos e planificación motora..