Marcelle - respiro familiar
E finalmente chegou o domingo e con el unha estupenda escapada a Marcelle Natureza. Acompañados polo tempo, que se portou estupendamente durante case toda a xornada, cunha pequena chuvisca de última hora para diversión dos máis pequenos, a excursión resultou todo un éxito. O medio cento de socios e socias de Un Paso Máis que nos desprazamos ata o parque de Outeiro de Rei puidemos gozar dun día incrible rodeados da fauna máis diversa e simpática. Ademais da diversión e a camaradería, aprendemos normas importantes para respectar e axudar a conservar a natureza 🌿. Tamén puidemos gozar dun estupendo picnic no comedor reservado para nós, e incluso dunha gran sesión de tiro con arco familiar 🎯! Agora tocará descansar uns días e logo poñernos a traballar para seguir planificando máis actividades!