A directiva da Agrupación Un Paso Máis renóvase.

03.12.2023

A asociación carballesa Un Paso Máis, que promove a inclusión, renovou a súa directiva. Á traxectoria iniciada hai agora dez anos por Manuel Cantelar e Loli Varela (falecida) tómanlle o relevo Banesa Martínez Rodríguez, como presidenta; Eva Arán Fernández, como secretaria; Lorena Botana Blanco, como tesoureira; e os vogais Adrián Monteseirín Suárez, Vanesa Cabeza Bello e Valentín Costa Trillo.

Asumen o desafío de retomar as actividades da entidade, buscando adaptarse ás necesidades cambiantes da comunidade cun enfoque colaborativo. Neste sentido, xa traballan en iniciativas innovadoras para o próximo ano.

Proximamente anunciarán unha xornada de portas abertas para presentar a súa visión e os seus proxectos.


*FONTE:

 La Voz de Galicia

Diario de Bergantiños