E chegou Papá Noel!

24.12.2024

Como xa é tradición, o Papá Noel máis inclusivo visitou, un ano máis, aos nenos e nenas de Un Paso Máis. Nun ambiente acolledor e adaptado ás diferentes sensibilidades, o personaxe máis querido do Nadal trouxo consigo a súa alegría e uns agasallos moi especiais para os máis pequenos.

A tarde transformouse nunha verdadeira reunión familiar, onde tanto os nenos e nenas como os adultos puideron gozar dunha xornada máxica e entrañable. Risas, ilusión e espírito navideño foron os grandes protagonistas deste encontro tan especial.

En Un Paso Máis seguimos traballando para facer do Nadal un momento cheo de inclusión, alegría e felicidade para todas e todos. 🎅✨