divertiPATIOS

19.11.2024

🎙️ Prepárate para unha experiencia educativa única en Carballo con UN PASO MÁIS + CEIP PLURILINGÜE A GÁNDARA-SOFÁN + IES PARGA PONDAL + UNIVERSIDADE DE VIGO

O sábado, 25 de xaneiro de 2025, o Edificio Fórum de Carballo converterase no epicentro da inclusión educativa coa celebración dun obradoiro innovador sobre Patios Inclusivos e Xadrez Educativo. Esta xornada está deseñada especialmente para docentes, pero tamén está aberta a familias e profesionais que traballen con nenos e nenas, particularmente con escolares con TEA, TDAH e outras necesidades educativas que requiran atención específica para garantir a inclusión.

🔹 Sesión de mañá (09:30 - 13:30):
Un panel de expertos abordará temas fundamentais como a planificación de patios inclusivos e o uso do xadrez como ferramenta educativa. Entre os relatores estarán:

  • Mª Dolores Hortas Valeiro e Laura García Fernández, Directora e Orientadora no CEIP Plurilingüe A Gándara - Sofán.
  • Mar Eirís Villar, concelleira de Educación en Carballo e PT no IES Parga Pondal.
  • Karla July Fernández Rivero, mestra internacional de xadrez e doutoranda en Xadrez e TDAH.
  • Valentín Costa Trillo, instrutor escolar certificado pola FIDE.

Ao finalizar, Karla July Fernández ofrecerá unha emocionante exhibición de partidas simultáneas, aberta a quen desexe participar previa inscrición.

🔹 Sesión de tarde (16:00 - 17:30):
Haberá talleres específicos con aforo reducido que tratarán temas como:

  • "Problemas de conduta TEA. Regulación conductual. Como abordar as rabietas" (Dra. Isabel García). - AFORO COMPLETO -
  • "Utilización do xadrez en nenos e nenas con TDAH, TEA e AACC" (doutoranda Karla July Fernández Rivero).
  • "Xadrez educativo no patio e na aula" ( FIDE School Instructor Valentín Costa Trillo).
  • "Enfermidades raras no ámbito escolar. Estratexias para o profesorado" (Eva Arán Fernández, pedagoga).
  • "Ocio e deporte inclusivo" (Adrián Monteseirín e Isabel Carracedo, responsables de UPM).


  • 📝 Inscricións gratuítas:

Para participar, só necesitas rexistrarte. Non é obrigatorio asistir a ambas sesións; podes escoller a que mellor se adapte ás túas necesidades.


🎯 Por que non podes faltar?
Este evento ofrece unha oportunidade única para descubrir como transformar os patios escolares en espazos verdadeiramente inclusivos e aproveitar o potencial educativo do xadrez, unha ferramenta que xa conta co aval de organismos como a UNESCO. Ademais, será o punto de partida dun convenio de colaboración entre Un Paso Máis e a Universidade de Vigo, que busca fomentar a formación práctica e a inserción laboral do estudantado universitario.


Anímate a participar! Mellora a túa formación e contribúe a crear escolas máis inclusivas para todos e todas.

Informamos que o obradoiro "Problemas de conduta TEA. Regulación conductual. Como abordar as rabietas (Doutora Isabel García)" xa non admite novas inscricións por ter superado a súa capacidade máxima.