Deporte Adaptado no Colexio de Nétoma - Razo

11.05.2024

O pasado martes 7 de maio, o equipo de Un Paso Mais levou as súas actividades ata o colexio Nétoma-Razo, nunha xornada que quedará gravada na memoria de todos os participantes.

Tódolos nenos do centro, de tódolos niveis, tiveron a oportunidade de disfrutar dunha xornada de deporte adaptado. A través de diversas actividades e xogos, os estudantes aprenderon que, aínda que todos somos diferentes, tamén somos iguais.


A xornada estivo chea de risas, aprendizaxe e, sobre todo, inclusión. Os nenos puideron experimentar en primeira persoa como é practicar deporte adaptado, rompendo barreiras e prexuízos, e fomentando o respecto e a empatía cara ás persoas con discapacidade.


"Esta experiencia foi inesquecible para todos", dixo un portavoz de Un Paso Mais. "É marabilloso ver como os nenos se divirten mentres aprenden unha lección tan importante. Todos somos iguais e diferentes á vez, e iso é o que fai que o mundo sexa tan especial".


Un Paso Mais espera que esta xornada deixe unha pegada duradeira nos nenos e que continúen levando a mensaxe de inclusión e respecto no seu día a día.
A Agrupación tamén quere agradecer á dirección, o equipo directivo, e a todas as docentes por ter participado tan activamente da xornada, facendo que todo resultase non só fácil, senón tamén moi agradable.