Deporte Adaptado e Entrevista na radio do FOGAR
Alumnos de segundo, cuarto e sexto de primaria do CEIP Fogar de Carballo coñeceron estes días o que significa vivir con algún tipo de discapacidade. Foi a través dunha actividade que promovemos desde a agrupación deportiva Un Paso Máis co obxectivo fundamental de visibilizar o deporte adaptado. Ata alí levamos disciplinas como goalball, mímica, carreiras de mobilidade e baloncesto en cadeira de rodas.
«Estamos moi orgullosos do traballo realizado e da resposta positiva dos estudantes, e cremos firmemente que estas experiencias contribuirán a fomentar unha sociedade máis inclusiva», dicimos desde Un Paso Máis. Ao rematar, un grupo de alumnas do cole entrevistáronnos para coñecer máis detalles da Agrupación.