Ceip Plurilingüe Gándara Sofán & UPM
06.04.2024
A nosa agrupación deportiva, visitou o CEIP A Gándara - Sofán para unha xornada especial de aprendizaxe e convivencia. Realizamos un circuíto deportivo cos nenos e nenas, onde experimentaron diferentes actividades para fomentar a inclusión, a concienciación e a igualdade.
Neste circuíto, os cativos participaron en:
- Goalball: un emocionante deporte deseñado para persoas con discapacidade visual.
- Baloncesto en cadeira de rodas: unha versión adaptada do baloncesto para persoas con mobilidade reducida.
- Carreira cun xeonllo inmobilizado: unha actividade que lles permitiu experimentar como é moverse cunha limitación física.
- Transferencia de comunicación: aquí, os nenos e nenas exploraron como comunicarse sen usar a fala ou oído.Foi unha xornada divertida e educativa, onde todos aprendemos sobre a importancia da inclusión e a diversidade.