Cabreiroá Junior PRO Razo
E finalmente chegou a nova xornada de Surf e os peques de Un Paso Máis gozárona como sempre a tope 🌊. O tempo respectounos e os 12 nenos e nenas asistentes déronse un baño (nunca mellor dito) de diversión sen límites 😄. Nunha xornada que abarcou toda a tarde, divertíronse entre as ondas, a ludoteca e a pista de skate, onde algúns tomaron as súas primeiras clases e xa nos deixaron ver que pode chegar a ser unha actividade independente interesante no futuro 🛹.
Agradecemos á Deputación de A Coruña, á organización do evento, á escola Boaola e a todas as persoas que participaron e que deron forma a unha nova xornada inesquecible. Xa temos ganas de repetir! 🎉