Asembleas 2024!
Ola, familias!
Chega decembro e con el as nosas asambleas anuais. Este ano celebraranse o domingo 22 de decembro pola tarde, antes da festa de Nadal.
- Asemblea Extraordinaria 15:30 h.
- Asemblea Ordinaria 16:15 h.
Aínda que non é necesario avisar para asistir ás asambleas, para organizalas de maneira adecuada, en canto a espazo e necesidades de adaptación, agradeceríamos moito que cubrades o seguinte formulario.
Lembrade:
- A asamblea só pode asistir a persoa socia principal (numeraria).
- Cada socio numerario recibirá no seu correo electrónico, e de forma previa, a orde do día de cada convocatoria.
Na asamblea, explicaremos as actividades que realizamos ao longo do ano cun resumo detallado, incluíndo o informe económico. Tamén presentarémosvos o plan de actividades para o próximo ano. Ademais, debateremos e someteremos á vosa aprobación unhas modificacións estatutarias que nos axudarán a adaptarnos aos novos tempos. Finalmente, informaremos sobre os cambios na composición da executiva e, cos vosos votos, propoñeremos a constitución da Comisión de Ética e Transparencia.
Tamén aproveitaremos para facer unhas distincións, máis que merecidas, a aqueles socios e socias que realizaron un traballo de especial relevancia a favor da nosa Agrupación durante o presente ano.
Agradecemos moito a vosa participación, xa que a vosa opinión é fundamental para seguir medrando como agrupación.
Sen máis, agardamos a vosa resposta e animámosvos a asistir e enriquecer estes actos coa vosa presenza e participación.