Actividades Extraescolares 24/25
ACTUALIZACIÓN!
Completados os grupos do primeiro turno horario, comezamos coas inscricións para os seguintes.
Gran novidade para as familias:
Temos unha gran novidade para compartir con vós!
Acadamos un acordo con Proxecto ENKI para que se encarguen da execución das nosas actividades extraescolares deportivas para o presente curso.
Proxecto ENKI, coñecido pola súa ampla traxectoria, será o encargado de levar a cabo estas actividades. As súas ideas, tan interesantes como divertidas, levaron á decisión de crear unha única actividade de MULTIDEPORTE onde todas elas teñan cabida. Cada sesión será diferente á anterior, o que estimulará e divertirá aos nosos cativos, ao tempo que lles permitirá ampliar o seu coñecemento das distintas disciplinas deportivas.
A conformación dos grupos dependerá do número de inscricións. Inicialmente, haberá un grupo os martes e outro os venres, ambos en horario de 17:00 a 18:00 h. No caso de haber maior demanda, crearánse máis grupos, mantendo sempre a ratio de 2 monitoras tituladas e con experiencia en deporte inclusivo por cada grupo de 10 nenos.
Dado que en apenas unhas horas xa case se encheron, tamén abrimos inscrición para unha segunda quenda de grupos que serían os mesmos días (martes e venres) de 18:00 a 19:00. Estes grupos só se poñerían en funcionamento no caso de que se cubrisen as prazas. 📅
En canto ao prezo, a participación nun grupo será de 17€ por neno ao mes. Se se apunta a dous grupos, haberá un pequeno desconto, quedando en 30€ ao mes ambos os dous días.
Esperamos contar con vós nesta nova e emocionante etapa!
Para máis información sobre Proxecto ENKI, podedes consultar a súa ampla traxectoria na seguinte ligazón: Proxecto ENKI.
Os pagos faranse ingresando o importe que corresponda na conta da asociación.
TITULAR: UN PASO MÁIS
ENTIDADE: LA CAIXA
IBAN: ES90 0133 6235 5842 0000 2640