Actividades Extraescolares
28.06.2024
Finalmente chegou o fin de xuño, marcando o remate das actividades deportivas extraescolares deste curso. Aínda que comezamos tarde e con pouco marxe de manobra, as dúas actividades programadas para o ximnasio de San Luis resultaron nun gran éxito. Non só proporcionaron horas de saudable exercicio físico aos máis pequenos, senón que tamén lles ensinaron o valor da convivencia nun entorno inclusivo, sen diferenzas de ningún tipo. Estamos ansiosos por volver despois do verán!