É un pracer para nós anunciarvos a creación dun espazo ao que podedes acudir cos vosos nenos e nenas durante esta época tan divertida do ano. Sabemos que as vacacións do Entroido poden complicar ás veces a conciliación, polo que lanzamos esta iniciativa pensando en vós e nos máis pequenos da casa.
Esta fin de semana, nós, as familias de UN PASO MÁIS, tivemos o pracer de vivir unha desas aventuras que quedan gravadas na memoria. Grazas ao "Premio Experiencia na Neve" de ENKI, embarcámonos nunha viaxe á estación de montaña de Manzaneda, un deses recunchos máxicos onde a natureza impón as súas regras e nós, humildes visitantes, só podemos...
FAITE SOCIO/A
Gustaríache facer algo extraordinario hoxe?
Nunca camiñamos sós.
Chámome Banesa Martínez Rodríguez e nacín no ano 1979 en Coiro, Mazaricos, pero dende hai máis de 20 anos son carballesa de adopción. Como tantas outras persoas, fixen a miña vida entre o traballo e a familia. Estudei para ser técnica superior en administración e finanzas, e sempre levei unha vida bastante normal: os nenos, a casa, intentar...
Onte, coma quen desafía as furias do ceo, un grupo de valentes deixou as pantuflas ao pé da porta e encheu o camiño de pasos cara a Carballo, onde o tempo tamén choraba, pero non había quen detivera a sede de aprender. Docentes que viñan de aquí e de acolá, de puntos alonxados da Coruña e mesmo de Pontevedra,...
Por un momento, o faladoiro na biblioteca Rego da Balsa de Carballo converteuse nunha experiencia que desbordou o tempo e o espazo. Quizais esa sexa a esencia de Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal, científico de renome internacional e, sobre todo, un home que entende a grandeza non coma un concepto altivo, senón como algo que transcorre...
LUDOTECA FAMILIAR
Temos unha nova moi especial para compartir con vós: poñemos en marcha unha ludoteca familiar, un espazo pensado para gozar de momentos de xogo compartido nun entorno acolledor e inclusivo para toda a familia.
divertiPATIOS
Inscricións Abertas! Prepárate para unha experiencia educativa única en Carballo con UN PASO MÁIS + CEIP PLURILINGÜE A GÁNDARA-SOFÁN + IES PARGA PONDAL + UNIVERSIDADE DE VIGO
AFORO COMPLETO! NON SE ACEPTAN MÁIS INSCRICIONS
A Antiga Escola de Arrabaldes, no barrio da Milagrosa de Carballo, converteuse este domingo no escenario dun intenso e emotivo día para a Agrupación Un Paso Máis. Desde primeiras horas da tarde, sucedéronse distintas actividades que reuniron ás familias e socios da entidade nun ambiente cargado de participación e celebración.
E chegou Papá Noel!
Como xa é tradición, o Papá Noel máis inclusivo visitou, un ano máis, aos nenos e nenas de Un Paso Máis. Nun ambiente acolledor e adaptado ás diferentes sensibilidades, o personaxe máis querido do Nadal trouxo consigo a súa alegría e uns agasallos moi especiais para os máis pequenos.
Carballo, 22 de decembro de 2024. Ás 16:45 horas, na Escola de Arrabaldes, celebrouse a Asemblea Xeral Ordinaria de UN PASO MÁIS, presidida por Banesa Martínez Rodríguez. Constatada a existencia de quórum e a validez da convocatoria, comezou a sesión cunha orde do día cargada de decisións relevantes para o futuro da asociación.
Maxia e aventura para todxs na sesión de cine adaptado de Un Paso Máis
INCLUSIÓN NA ESCOLA
Aproveitamos o deporte na escola como ferramenta universal para derrubar barreiras e fomentar a igualdade.
ESPAZO DE XOGOS
É un pracer para nós anunciarvos a creación dun espazo ao que podedes acudir cos vosos nenos e nenas durante esta época tan máxica do ano. Sabemos que as vacacións de Nadal poden complicar ás veces a conciliación, polo que lanzamos esta iniciativa pensando en vós e nos máis pequenos da casa.
FESTA DE NADAL
🎄 Invitación á Festa de Nadal de Un Paso Máis 🎄
Asembleas 2024!
Chega decembro e con el as nosas asambleas anuais. Este ano celebraranse o domingo 22 de decembro pola tarde, antes da festa de Nadal.
¡Temos unha gran nova que compartir con vos!